BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

miércoles, 10 de abril de 2013

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

As CONCELLERIAS DE CULTURA E MOCIDADE  celebran o Día do Libro con distintas actividades que terán lugar no Auditorio Municipal, nos Colexios: Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Jesús e na Biblioteca Municipal “el viejo Pancho”


a-nena-e-o-grilo 2A NENA E O GRILO. 
MAXÍN BLANCO & IVAN PRIETO 
DOMINGO 21 DE ABRIL 17:30
AUDITORIO MUNICIPAL.

Cancións que aloumiñan os oidos, pero tamén contan historias. Falan dun pais onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí vive unha nena azul e máis un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.



 CAMIÑO FANFARRA E RODAS: “¡CANTOS CONTOS CONTAS!”  22 de abril

fanfarra1
Unha proposta de teatro itinerante no Camiño de Santiago que percorrerá os centros educativos situados ao longo do seu trazado, co compromiso pola defensa, difusión e promoción do teatro e a cultura da oralidade.

Nenos e nenas de E. Infantil colexio Gregorio Sanz 10:00 H.




 COMPAÑÍA DO TRINKE TRINKE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “EL VIEJO PANCHO”, 
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

trinke trinke

Ratos de biblioteca, ratos que viven na aldea de Lonxe de Todo, cada certo tempo viaxan ata a biblioteca de Ribadeo  para falar con nenos e nenas e tentar contaxiarlles  o seu gusto pola lectura.

1º Primaria Colexio Gregorio Sanz as 11:30 H

O SENTIDO EDUCATIVO DO DEPORTE

CHARLA-COLOQUIO "O SENTIDO EDUCATIVO DO DEPORTE"

MAUmarela!
PRESENTA
Xoves, 11 de abril    20,00 H
CASA DAS LETRAS (RIBADEO)
Entrada libre


Falarán:
Juana Blanco
Profesora de psicoloxía na Escola Galega de
Adestradores de Fútbol e Fútbol Sala
Manuel Valcárcel Lastra “Ventura”
Preparador Club de Atletismo Albións

Debo quitar ao meu fillo ou filla de facer deporte se saca malas notas?
Son mellores os deportes individuais ou os de grupo?
Pode un neno ou nena tímido sentirse parte dun equipo?
É boa a presión no deporte?
Qué pasa cos nenos que non teñen aptitudes físicas?
Cómo entrenar aos “talentos” deportivos?

martes, 2 de abril de 2013

ARQUITECTURA PARA NIÑOS

A arquitectura é cousa de nenos.

O vindeiro xoves, 4 de abril, preséntase na Casa das Letras de Ribadeo “Arquitectura para pícar@s”, un curso innovador dirixido aos máis pequenos.

Será unha charla-taller aberta e gratuíta destinada a pais e fillos.

Está organizada polo espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica MAUmarela! Ribadeo, 1 de abril 2013.- Da man de Jon Urbieta e MAUmarela! chega a Ribadeo o curso trimestral de Arquitectura para pícar@s que ten como obxectivo espertar e estimular aos máis cativos para que descubran e disfruten de cheo do seu entorno construído sendo quen de comprender o impacto e significado da arquitectura.

Arquitectura para pícar@s é un proxeto innovador na nosa zona, pero que conta cunha arraigada traxectoria noutros lugares. Partindo dos coñecementos máis cercanos aos nenos, pasando pola casa propia e chegando á cidade a traves das rúas e dos seus límites, miraremos a paisaxe, as montañas, ríos, murallas... Xogaremos sempre coas solucións que eles propoñan en base ás súas necesidades ou desexos. Traballando coa súa forma de entender os elementos. En MAUmarela! cremos que é preciso ir máis alá das fronteiras dos contidos educativos clásicos e apostamos por unha educación integral, multidisciplinar e creativa como valor para o futuro. Ademáis, pensamos que é moi positivo educar aos nenos en conceptos de urbanismo, paisaxismo e elementos constructivos, para que non repitan erros do pasado e para que se convirtan en cidadáns críticos e activos. Asemade, agardamos que do curso poidan saír propostas e materiais expositivos. Arquitectura para pícaros compons e de talleres traimestrais, dunha sesión semanal, con exercicios dentro e fora do taller, con visitas, excursións e actividades no exterior. Poden matricularse nenos a partir de 3 anos e ata 10, de maneira que participen nas diferentes tarefas en función do seu grao de dificultade, fomentando así aprendizaxe colaborativa. No curso aléntase o xogo da imaxinación e da intelixencia, a teoría e a experimentanción. Dado que a arquitectura é unha forma de arte espacial, traballaranse habilidades manuais, como: o debuxo, o modelismo, a fotografía, o muralismo, a infografía... Facendo sempre fincapé nos métodos de traballo en 3D, que demostraron ser moi eficaces na comprensión do entorno construído.
_________________________________

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DÍA FORESTAL MUNDIAL

O 21 de marzo conmemoramos o día forestal mundial, data elexida polos estados  membros da Organización de Nacións Unidas para a agricultura e alimentación (FAO) en 1971.
Todos os cursos do colexio colaboraron na plantación de árbores e plantas que confiamos enraizarán e crecerán sans e fortes.
 



 

miércoles, 27 de febrero de 2013

GUÍA APPS EDUCACIÓN 3.0


 .portadaguia



 Ya son numerosos los docentes y las familias que están disfrutando de la "Guía apps Educación 3.0", la primera recopilación de aplicaciones educativas que se ha realizado hasta la fecha para el iPad de Apple. Además, muchas de las apps que incluye ya se están utilizando en las aulas.
Os dejamos el enlace donde podeis obtener más información.






 http://www.iberdidac.org/news/educacion3.0/tic19022013.html 

lunes, 25 de febrero de 2013

CONCURSO DE DESEÑO "DÍA DA NAI"




 O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Pratría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia convoca o IV Certame de Deseño Escolar "Deseña unha Xoia para a túa Nai", dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocación da celebración do Día da Nai.
Esta iniciativa ten por obxetivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores por profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica a súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Na páxina web do Colexio de Xoiaría (www.coxga.es) podereis consultar as bases completas do concurso, os deseños finalistas e gañadores da pasada edición, así como un álbum do acto de entrega de premios en 2012.

Os dípticos de participación pódense:
- descargar da páxina web www.coxga.es
- recoller en calquera dos establecementos colaboradores (listado completo na web ou por correo-e a prensa@coxga.es)
- solicitar a oficina do Colexio de Xoiaría (teléfono 981 598 858 ou correo-e prensa@coxga.es)

O prazo de presentación dos deseños remata o luns 25 de marzo e pódense entregar en:
-calquera dos establecementos colaboradores (ver listado na páxina web)
-na oficina do Colexio de Xoiaría, personalmente ou por correo postal:
                                     Colexio Oficial de Xoiaría
                                     Rúa Ramón  Cabanillas, 5-7  2º B
                                     15701 Santiago de Compostela

martes, 5 de febrero de 2013

II Concurso de microrrelatos Fundación Pública Gallega Camilo José Cela




Pascual Duarte en su celda confesando que él no era malo.


Se ha convocado el II Concurso de Microrrelatos de la Fundación Pública Gallega Camilo José Cela en las categorías de infantil, juvenil y adultos. Aquí te ofrecemos cinco razones por las que participar en este concurso. 
Te damos el principio.
Tu microrrelato tiene que empezar con la frase "Yo, señor, no soy malo..., que es una frase de la primera novela que escribió Camiliño Josesiño, La familia de Pascual Duarte.
Tienes varios meses para pensar.
El plazo de recepción de microrrelatos comienza el 17 de enero y finaliza el 10 de marzo de 2013.
No tienes que escribir mucho.
El máximo de palabras que puede contener tu historia es de 250 palabras. Puedes escribirla con menos palabras pero, ¡ojo!, si te pasas en una, quedarás descalificado del concurso.
Te pueden votar tus amigos.
Entre el 18 y el 24 de marzo pueden votar tu microrrelato todas las personas que quieran. Sólo los 50 microrrelatos más votados serán valorados por el jurado y de entre ellos saldrán los ganadores del concurso.
Puedes ganar un e-book.
Hay tres premios en cada una de las categorías. Los ganadores de cada una de ellas recibirán un e-book. Además habrá dos finalistas que recibirán un diploma y otros premios. Todos los trabajos premiados se publicarán en formato digital.

Electra Menéndez Muñoz
Fundación Pública Gallega Camilo José Cela
C/ Sta. María, 22
15917 Iria Flavia-Padrón
A Coruña
Tlfn: 981 81 24 24
www.fundacioncela,com
http://camilinojosesino.blogspot.com.es/