BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

miércoles, 22 de junio de 2022

 🕺💃 Remata o cole con o FESTIVAL FIN DE CURSO  💃🕺

Hoxe, para rematar o curso escolar, tivo lugar a festa de fin de curso, organizada polo cole.

Seguindo a temática elexida para todo o curso de  "A VOLTA O MUNDO EN 175 DÍAS", celebrouse un FESTIVAL DE EUROVISIÓN, representado por tod@s @s nen@s de infantil e primaria, con unhas magníficas actuacións. 

Presentado por nen@s de diferentes cursos e en diferentes idiomas, tivemos cancións antigas, modernas, gañadoras do festival e incluso algunha que optaba a participar nel, pero non o fixo. 

As actuacións estiveron moi animadas, e con gran afluencia de público. 

Por suposto, dar a NORABOA a tod@s @s nen@s polo magnífico espectáculo, e a tod@s @s profes polas magníficas coreografías con as que nos deleitaron. 

E agora...A DISFRUTAR DO VERÁN!!!!



jueves, 16 de junio de 2022

🔊🔊ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS🔊🔊

Hoxe queremos lembrarvos que se celebra no Cine Teatro de Ribadeo a ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS da ANPA A FAXARDA. Será as 19.00h en primeira convocatoria, e as 19.30h en segunda convocatoria.

Lembrade que contamos con servizo de garda e custodia d@s vos@s pequenos (Marita).

Agardamos por a vosa participación!!!



martes, 14 de junio de 2022

 🏆🥇 PREMIADOS DO CONCURSO DE DEBUXOS E RELATOS CURTOS PROPOSTO POLA COMISIÓN DE FESTAS DE RIBADEO 🥇🏆

Durante o pasado mes de abril a Comisión de Festas de Ribadeo organizou un Concurso de Debuxos e Relatos Curtos para todo o alumnado de primaria do noso pobo.


Os agraciados do CEIP Gregorio Sanz son:

4º EDUCACIÓN PRIMARIA:

- Gañadora do Debuxo: LOLA GARCÍA MEITÍN (4ºA)


5º EDUCACIÓN PRIMARIA:

- Gañadora de Debuxo: MENCÍA CALONGE COTARELO (5º B)

- Gañador do Relato: ANDRÉS LOUREIRO GRUÑEIRO ( 5º B)


6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

- Gañador do Debuxo: AITOR LÓPEZ GARCÍA (6º B)

- Gañador do Relato: XOEL NONIDE GARCÍA (6º B)


Tod@s os gañadores recibirán no colexio os próximos días os agasallos, e a Comisión de Festas de Ribadeo, por motivo de espazo, elexirá os debuxos ou relatos que aparecerán no libro das festas.

Noraboa a tod@s @s gañadores!!




lunes, 13 de junio de 2022

👩🏼‍🎓👨🏻‍🎓GRADUACIÓNS FIN DE CURSO👨🏻‍🎓👩🏼‍🎓

O fin de curso estase a acercar, e con él, as graduacións.

O próximo mércores 15 de Xuño, no Auditorio Hernán Naval, celebraranse as graduacións do alumnado de 6° de Infantil e de 6° de Primaria.

Os primeiros en graduarse será o alumnado de 6° de Infantil, que o farán as 10.30h da mañan....e a continuación será o alumnado de 6° de Primaria, que o farán sobre as 12.30h da mañan.

E con as graduacións, remata unha etapa para @s nos@s nen@s e comeza outra nova.


NORABOA A TOD@S!!!




jueves, 9 de junio de 2022

Festa no cole!

 O remate do curso está ó caer. Anpa a Faxarda organiza para o vindeiro día 17:

 De 10 a 11:30 con xogos tradicionais ao aire libre.


 Ás 12 o bolechas chegan para sorprender os mais pequen@s e a esa mesma hora para os mais maiores( a partir de 3°de primaria) consertasso de Brais na horta.


A partir das 14:30 picnic o aire libre amenizado por amigos da gaita. Os nen@s son invitados por cole á sua comida. As familias que queiran vir a acompañar ós nen@s deberán traer a día propia comida.


A disfrutar da festa e a disfrutar do verán.