BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

miércoles, 21 de mayo de 2014

ECOPREGUNTOIRO

O mércores, 14 de maio, foi un día importante para o CEIP Gregorio Sanz.
Hai uns meses un total de 16 centros de toda Galicia iniciaron unha emocionante competición no concurso Ecopreguntoiro, emitido dentro do programa radiofónico Ecovoz, de Radio Voz.

Neste concurso poñíanse a proba os coñecementos do alumnado de sexto de Primaria relativos a Xeografía, medio ambiente, desenvolvemento sostible... Despois de saír airosos das sucesivas eliminatorias, enfrontáronse á " gran final", da que sairían os gañadores absolutos a nivel de Galicia. 
O resultado non puido se máis gratificante...Gañadores !!!.

Parabéns ó equipo participante e a todos os colaboradores!!!