BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

miércoles, 29 de septiembre de 2021

XOVES, COLES NEGROS

 🔊""COLES NEGROS" consiste nun BASTA XA!, nun non podemos máis ante os recortes que levamos sufrindo, e que se viron especialmente acentuados este verán, na educación pública".


🔊"Queremos que todos os xoves toda a sociedade amose o seu loito por esta morte que estamos vivindo, da educación pública".


🔊 Trátase de levar roupa negra o un crespón que represente.


lunes, 27 de septiembre de 2021

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

RECORDADE: As  ACTIVIDADES terán unha BONIFICACIÓN  do 50% da súa cuantía para as familias asociadas á Anpa, recoñecendo deste xeito o compromiso con o proxecto. Moitas grazas.

 

sábado, 25 de septiembre de 2021

NOTA ACLARATORIA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!!!


 Debido a cambios de última hora nos horarios de cociña, cometimos un erro na corrección dos días.

* Cociña impartirase OS MÉRCORES (3-7 anos) e OS XOVES (8-12 anos).

Guiádevos polo horario que é o que está correcto.

Disculpade de antemán e moitas grazas pola vosa comprensión.

miércoles, 22 de septiembre de 2021

#ColesNegros

 "Pola defensa dun ensino público, digno, de calidade e en galego"...a partires de mañan, todos os xoves, como modo reivindicativo, toda a comunidade educativa (pais, nais, alumn@s, persoal docente e non docente) debemos levar o cole algo d cor negra. 

Sacade fotos e etiquetadenos #ANPAaFaxarda #CEIPGregorioSanz  #ColesNegros



 


martes, 21 de septiembre de 2021

DIA INTERNACIONAL DA PAZ




 

Ou camiñamos todos xuntos hacia a paz, ou nunca a atoparemos (Franklin)

 

Servizo "biblioteca" - extraescolares

     A partir do próximo día 1 de outubro comezará a funcionar o servizo de Biblioteca do cole dende as 16.00h ata as 17.00h, de martes a venres. Os luns serán cubertos polo servizo BOAS TARDES que ofrece a ANPA, e polas actividades extraescolares das que teredes noticias nos próximos días.....ESTADE ATENTOS!!!

viernes, 17 de septiembre de 2021

Tarifa servizo Bos Días e Boas Tardes curso 2021-2022

     Estas son as novas tarifas para os servicios Bos Días e Boas Tardes do que se encargan duas grandes profesionais como son Marita e Nao.





viernes, 10 de septiembre de 2021

INFORMACION DIRECCION DO COLE


 

Benvid@s de novo!

    Para comezar este curso con ilusión, que mellor que unha viaxe polo mundo. Agardamos que este ano veña cargado de novos proxectos, logros, obxectivos, colaboración ... O noso cole mola!





jueves, 9 de septiembre de 2021

Faite soci@!!!

     Estimadas familias, a partir de hoxe xa podedes facervos soci@s da ANPA para o curso 2021/2022. Lembrade que este ano é obrigatorio ser socio da ANPA para acceder os servizos de BOS DÍAS e BOAS TARDES, e para os usuarios do BUS URBÁN.

Nº DE CONTA: ES60 3070 0022 1762 9980 3020

viernes, 3 de septiembre de 2021

Benvid@s

     En primeiro lugar queremos darvos a benvida de novo o blog.

    Neste curso 2021/2022 creouse unha nova directiva, polo que entendemos que para que nos vaiades poñendo cara, o primeiro que debemos facer e presentarnos.

    A nosa intención non é ser unha directiva o feito, senón que formamos uns grupos de traballo para que entre tod@s podamos aportar ideas e intentar xestionar solucións, sempre deixando as portas abertas a todos aqueles pais e nais que se queiran incorporar para colaborar con nós. E por suposto, intentaremos retomar, sempre que as condicións sanitarias o permitan, as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e seguiremos mantendo o servizo de BOS DÍAS e BOAS TARDES, tal e como se estaba a facer, o igual que a xestión do BUS URBANO.

    E como para esta primeira entrada do blog non queremos ser moi pesados, pasamos a presentarvos a nova directiva da ANPA:

    ** PRESIDENTA:             Vanesa Villarino Legaspi (nai de Vera e Pablo)

    ** VICEPRESIDENTA:     Ángeles Martínez Martínez (nai de Antía)

    ** SECRETARIA:              Sandra Saavedra Blanco (nai de Uxía e Maré)

    ** TESOUREIRA:              Raquel Pérez Otero (nai de Amanda)

    ** VOGAIS:       Emma Martínez Díaz (nai de Noa)

                              Teresa Santiso Carral (nai de Adrián)

                              Manuel Valín Valdés (pai de Dani)

                              Laura Sixto Morán (nai de Vera e Omar)

                              Raquel González Insua ( nai de Marcos e Carmela)

                              Grete Maseda Lodos (nai de David e Joel)

                              Sonia López Rodríguez (nai de Victor)

                              Inma Reimondo Barrera (nai de Iván)

    E por hoxe, isto e todo. Dende esta directiva esperamos poder axudar a cubrir as necesidades da nosa comunidade educativa, e intentar solucionar os problemas que podan ir xurdindo neste e nos vindeiros cursos.

    Ata a próxima entrada do blog, e FELIZ COMEZO DE CURSO!!!!

jueves, 2 de septiembre de 2021

Ruta escolar urbana

Para máis información poñerse en contacto con Dani 669 90 22 35. Para o servizo é imprescindible facerse soci@ da ANPA.



Entrega dos mandilóns de infantil doados por as familias

 A entrega dos mandilóns de infantil doados por as familias ó remate do curso 2020/2021, farase o venres día 3 de Setembro en horario de 10.00h a 12.00h, na Casa do Conserxe do cole, respetando a orde de chegada.