BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

viernes, 24 de diciembre de 2021

Bo Nadal!!!

 Dende a Anpa A Faxarda queremos desexarvos a tod@s unhas felices festas e un próspero aninovo 2022!! 🎄 🎆 🥳



jueves, 16 de diciembre de 2021

Visita a exposición "OS VIQUINGOS DE PLAYMOVIL DESEMBARCAN EN RIBADEO"

     Hoxe os raparig@s de 5º e 6º de infantil fixeron unha visita guiada a exposición "OS VIQUINGOS DE PLAYMOVIL DESEMBARCAN EN RIBADEO". Nela puideron aprender quenes eran os viquingos, de onde viñan, porque saíron da súa terra, canto tempo quedaron, que buscaban aquí, que lingua falaban; ó mesmo tempo que descubriron parte da historia da comarca da Mariña, e en concreto da nosa vila...todo isto desde o punto de vista da igualdade de xénero, a historia, a xeografía e a lingüística.

    El@s aprenderon moitas cousas novas....e pasárono en grande!!

    Actividade co-organizada polo CONCELLO DE RIBADEO e ANPA A FAXARDA.



martes, 23 de noviembre de 2021

¡¡¡RECORDATORIO VOTACIÓN REPRESENTANTE DOS PAIS O CONSELLO ESCOLAR!!!


    O Consello Escolar é un órgano no cal as familias, docentes e persoal de administración e servizos a través dos seus representantes, infórmanse, propoñen e opinan sobre materias relevantes para a mellora da calidade da educación na comunidade educativa. Poseen voz e voto na maioría das decisións importantes que se toman.

    Si o obxectivo da escola é proporcionar unha formación integral aos alumnos, a mellor maneira de conseguilo é coa implicación de todas as partes que forman a comunidade educativa.

    Este curso toca elexir un/unha representante das familias, acude a votar!!!

** Mañá, mércores 24 de Novembro de 9:30 a 16:00 no colexio. Poderán votar os dous proxenitores **



domingo, 21 de noviembre de 2021

Charla

Anpas galegas 

👩‍🏫Na Confederación seguimos a formarnos. Desta volta o vindeiro martes teremos unha charla sobre " 𝑫𝒊𝒗𝒆𝒓𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 𝒇𝒂𝒎𝒊𝒍𝒊𝒂𝒓 𝒆 𝒂𝒄𝒉𝒆𝒈𝒂𝒔 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒄𝒐𝒏𝒔𝒕𝒓𝒖𝒊𝒓 𝒂 𝒊𝒈𝒖𝒂𝒍𝒅𝒂𝒅𝒆".
Para as familias de primaria será ás 17.30 horas
Para as familias de secundaria será ás 19.00 horas
Inscribidevos neste enlace 👇
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfCTBCPJ_6__WDGeeZVbgFR2JCr_C7Od0lYFgjFHiNCaVOj6A/viewform?usp=sf_link
Daran a charla Feitoría Verde

#formaciónparafamilias
#diversidade
Foanpas Vigo
Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña"
Federación de ANPAS

de centros públicos de Ferrolterra
Fapacel
Federación Provincial De ANPAS Da Coruña Costa da Morte
Fanpa Compostela
FALVAMI
FANPO


 

sábado, 20 de noviembre de 2021

20 de Novembro: "DÍA MUNDIAL DA INFANCIA "

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen dereito a igualdade sin distinción de raza, relixión, idioma, nacionalidade, sexo ou opinión política.... 

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen dereito a unha protección especial para o desarrollo físico, mental e social... 

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen dereito a un nome e a unha nacionalidade... 

☆ Porque todo@s @s nen@s do mundo teñen dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuada... 

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen dereito a unha educación e a un tratamento especial para aqueles nenos q sufren algunha discapacidade... 

 ☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen o dereito a comprensión e o amor dos pais e nais, e da sociedade... 

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen dereito a acticidades recreativas e a unha educación gratuita... 

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen o dereito a estar entre os primeiros en recibir axuda en calquera circunstancia... 

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen o dereito á protección contra o abandono, a crueldad e a explotación... 

☆ Porque tod@s @s nen@s do mundo teñen deteito a ser criados con un espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal...

lunes, 15 de noviembre de 2021

“Do Tradi ó Trap...Baila Morena!

 O luns 15 de Novembro, o alumnado de 6º de E.P acudiu ao Auditorio municipal “Hernán Naval” a realizar unha actividade formativa e de sensibilización en materia de igualdade e prevención de violencias contra as mulleres, utilización responsable das RR.SS e prevención do acoso escolar, organizada pola ANPA “A Faxarda” na que colaboran o CEIP Gregorio Sanz e o Concello de Ribadeo:




Foi un espazo de encontro e reflexión colectiva dinamizado por Branca Villares, docente con máis de 15 anos de experiencia:


A mocidade consume contidos dixitais en soidade a diario; faise imprescindible o acompañamento de profesionais para formar un espírito crítico, fomentar a asertividade e a empatía e construir fortes bases de responsabilidade afectiva e social no alumnado.

jueves, 11 de noviembre de 2021

" DO TRADI Ó TRAP....Baila morena!!!"

    O luns 15 de Novembro o almnado de 6º curso de E.P. acudirá o Auditorio Municipal Hernán Naval, á charla que lles impartirá Blanca Villares, mestra de música tradicional, con máis de 15 anos de experiencia na docencia musical con rapazas e rapaces.
    Nestes tempos de identiades dixitasi e sobreexposición en redes sociais, plantéxase como necesario e urxente fomentar espazos físicos de encontro e reflexión colectiva entre a mocidade, fronte á soidade na que consumen contidos dixitais a diario.
    "DO TRADI Ó TRAP...Baila, morena!!" é unha charla coloquio na que se interpreta musica en vivo, proxéctanse materiais audiovisuais e nárrase unha experiencia que interpela a cada paso ós rapaces e rapazas participantes.

ORGANIZA: Anpa A Faxarda
COLABORA: Fapacel, Concello de Ribadeo e CEIP Gregorio Sanz




miércoles, 27 de octubre de 2021

Loita polo ensino público e en galego

#ColesNegros é unha plataforma que aúna familias, docentes e personal non docente co objetivo de
 defender ensino público de calidade e en galego.

A ANPA a Faxarda para visibilizar estas demandas, obsequia ao alumnado cunha chapa para que os xoves se tingan de loito polo ensino.

Eiquí un vídeo que demostra a ilusión desta iniciativa.

lunes, 25 de octubre de 2021

Nova entrega de material didáctico para o servizo de Bos Días/Boas Tardes!!!

 🔊🔊🔊Hoxe temos outra nova!! Despois da solicitude que presentamos á Secretaría Xeral de Política Lingüística pedindo material didáctico para o noso servizo de Bos días/Boas tardes, fai una días enviaran libros e hoxe tocou a entrega de material escolar (cores, lapiceiros, libretas, libros para colorear...). Agora tócalles os nos@s nen@s disfrutar deles!!!!🎊🎊📚📚📒📒📒📖📖🧮🧮 Colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo.




jueves, 21 de octubre de 2021

Novo material didactico para o servizo de Bos días/Boas tardes

 🔊🔊🔊Hoxe temos unha nova que darvos‼️ Despois da solicitude que presentamos á Secretaría Xeral de Política Lingüística pedindo material didáctico para o noso servizo de Bos días/Boas tardes, hoxe fíxose a entrega nas instalacións do CEIP Gregorio Sanz donde se leva a cabo este servizo. Trátase dun lote de contos e xogos para todas as idades co fin de promover e dinamizar a nosa lingua e cultura ó mesmo tempo que renovamos material. 



Agora tócalles os nos@s nen@s disfrutar deles!!!!🎊🎊📚📚📒📒📒📖📖🧮🧮 Colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo.


lunes, 18 de octubre de 2021

FAITE SOCI@!!!

Benefíciate de todas as vantaxes e descontos.

Tendes ata o próximo 1 de Novembro...agardamos por vós!!! 😉😉




lunes, 4 de octubre de 2021

miércoles, 29 de septiembre de 2021

XOVES, COLES NEGROS

 🔊""COLES NEGROS" consiste nun BASTA XA!, nun non podemos máis ante os recortes que levamos sufrindo, e que se viron especialmente acentuados este verán, na educación pública".


🔊"Queremos que todos os xoves toda a sociedade amose o seu loito por esta morte que estamos vivindo, da educación pública".


🔊 Trátase de levar roupa negra o un crespón que represente.


lunes, 27 de septiembre de 2021

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

RECORDADE: As  ACTIVIDADES terán unha BONIFICACIÓN  do 50% da súa cuantía para as familias asociadas á Anpa, recoñecendo deste xeito o compromiso con o proxecto. Moitas grazas.

 

sábado, 25 de septiembre de 2021

NOTA ACLARATORIA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!!!


 Debido a cambios de última hora nos horarios de cociña, cometimos un erro na corrección dos días.

* Cociña impartirase OS MÉRCORES (3-7 anos) e OS XOVES (8-12 anos).

Guiádevos polo horario que é o que está correcto.

Disculpade de antemán e moitas grazas pola vosa comprensión.

miércoles, 22 de septiembre de 2021

#ColesNegros

 "Pola defensa dun ensino público, digno, de calidade e en galego"...a partires de mañan, todos os xoves, como modo reivindicativo, toda a comunidade educativa (pais, nais, alumn@s, persoal docente e non docente) debemos levar o cole algo d cor negra. 

Sacade fotos e etiquetadenos #ANPAaFaxarda #CEIPGregorioSanz  #ColesNegros



 


martes, 21 de septiembre de 2021

DIA INTERNACIONAL DA PAZ




 

Ou camiñamos todos xuntos hacia a paz, ou nunca a atoparemos (Franklin)

 

Servizo "biblioteca" - extraescolares

     A partir do próximo día 1 de outubro comezará a funcionar o servizo de Biblioteca do cole dende as 16.00h ata as 17.00h, de martes a venres. Os luns serán cubertos polo servizo BOAS TARDES que ofrece a ANPA, e polas actividades extraescolares das que teredes noticias nos próximos días.....ESTADE ATENTOS!!!

viernes, 17 de septiembre de 2021

Tarifa servizo Bos Días e Boas Tardes curso 2021-2022

     Estas son as novas tarifas para os servicios Bos Días e Boas Tardes do que se encargan duas grandes profesionais como son Marita e Nao.





viernes, 10 de septiembre de 2021

INFORMACION DIRECCION DO COLE


 

Benvid@s de novo!

    Para comezar este curso con ilusión, que mellor que unha viaxe polo mundo. Agardamos que este ano veña cargado de novos proxectos, logros, obxectivos, colaboración ... O noso cole mola!





jueves, 9 de septiembre de 2021

Faite soci@!!!

     Estimadas familias, a partir de hoxe xa podedes facervos soci@s da ANPA para o curso 2021/2022. Lembrade que este ano é obrigatorio ser socio da ANPA para acceder os servizos de BOS DÍAS e BOAS TARDES, e para os usuarios do BUS URBÁN.

Nº DE CONTA: ES60 3070 0022 1762 9980 3020

viernes, 3 de septiembre de 2021

Benvid@s

     En primeiro lugar queremos darvos a benvida de novo o blog.

    Neste curso 2021/2022 creouse unha nova directiva, polo que entendemos que para que nos vaiades poñendo cara, o primeiro que debemos facer e presentarnos.

    A nosa intención non é ser unha directiva o feito, senón que formamos uns grupos de traballo para que entre tod@s podamos aportar ideas e intentar xestionar solucións, sempre deixando as portas abertas a todos aqueles pais e nais que se queiran incorporar para colaborar con nós. E por suposto, intentaremos retomar, sempre que as condicións sanitarias o permitan, as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e seguiremos mantendo o servizo de BOS DÍAS e BOAS TARDES, tal e como se estaba a facer, o igual que a xestión do BUS URBANO.

    E como para esta primeira entrada do blog non queremos ser moi pesados, pasamos a presentarvos a nova directiva da ANPA:

    ** PRESIDENTA:             Vanesa Villarino Legaspi (nai de Vera e Pablo)

    ** VICEPRESIDENTA:     Ángeles Martínez Martínez (nai de Antía)

    ** SECRETARIA:              Sandra Saavedra Blanco (nai de Uxía e Maré)

    ** TESOUREIRA:              Raquel Pérez Otero (nai de Amanda)

    ** VOGAIS:       Emma Martínez Díaz (nai de Noa)

                              Teresa Santiso Carral (nai de Adrián)

                              Manuel Valín Valdés (pai de Dani)

                              Laura Sixto Morán (nai de Vera e Omar)

                              Raquel González Insua ( nai de Marcos e Carmela)

                              Grete Maseda Lodos (nai de David e Joel)

                              Sonia López Rodríguez (nai de Victor)

                              Inma Reimondo Barrera (nai de Iván)

    E por hoxe, isto e todo. Dende esta directiva esperamos poder axudar a cubrir as necesidades da nosa comunidade educativa, e intentar solucionar os problemas que podan ir xurdindo neste e nos vindeiros cursos.

    Ata a próxima entrada do blog, e FELIZ COMEZO DE CURSO!!!!

jueves, 2 de septiembre de 2021

Ruta escolar urbana

Para máis información poñerse en contacto con Dani 669 90 22 35. Para o servizo é imprescindible facerse soci@ da ANPA.



Entrega dos mandilóns de infantil doados por as familias

 A entrega dos mandilóns de infantil doados por as familias ó remate do curso 2020/2021, farase o venres día 3 de Setembro en horario de 10.00h a 12.00h, na Casa do Conserxe do cole, respetando a orde de chegada.

miércoles, 11 de agosto de 2021

Bono coidado da Xunta

 https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/60841/abre-plazo-convocatoria-para-solicitar-bono-cuidado-xunta-para-ayudar-conciliacion