BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

sábado, 19 de noviembre de 2022

🎄🎅 CAMPAMENTO DE NADAL 🎅🎄

E por fin, podemos anunciar esa sorpresa que vos estabamos a preparar: a Anpa A Faxarda organiza o seu primeiro Campamento de Nadal!!! 🎅🎄

Se estás nalgunha das situacións incluída na inscrición ou traballas, dispoñemos de 30 prazas que se adxudicarán según as puntuacións dos criterios establecidos.

Prazo de inscrición 28, 29 e 30 de Novembro.

O Nadal xa está aquí. ...agardámosvos!!!





miércoles, 16 de noviembre de 2022

RECORDATORIO DE DATAS PARA A FORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o protagonista da vida do noso colexio, e tod@s temos voz e voto para que todo funcione sen problema. 

Lembrade que o próximo mércores 23 de Novembro son as eleccions para elexir os representantes do Consello, e que a participación é moi importante.

Agardamos a vosa participación!!! 📨



martes, 18 de octubre de 2022

📢 ASAMBLEA XERAL DE SOCI@S 📢

Lembrade que hoxe, día 18 de outubro, celebraremos a Asamblea Xeral de soci@s na Biblioteca do cole. Será as 19.00h en primeira convocatoria e as 19.30h en segunda convocatoria....agardamos por vós!!!



jueves, 15 de septiembre de 2022

AXUDAS BONO COIDADO

 

AXUDAS:
| 👉 Ata o 30 de setembro as familias galegas poden solicitar o BONO COIDADO, co que poder sufragar os custes de contratación de servizos de atención aos menores de ata 12 anos, cando por motivos de traballo ou enfermidade, a familia non se poida facer cargo durante as vacacións escolares.

🔗Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioG0657-280622-0002_gl.pdf



martes, 13 de septiembre de 2022

ATENCIÓN FAMILIAS!!! DESCONTOS EN EXTRAESCOLARES

Temos unha nova de última hora que contarvos!!!

Nas 5 actividades extraescolares que mostramos a continuación, imos ter descontos especiais tanto por irmans na mesma actividade como por anotar as crianzas en máis dunha das actividades. 

Este desconto só se efectuará sempre que se cumpran algunha das condicions anteriormente descritas, no momento que deixen de cumprirse o desconto non se fará.

Para máis información poñédevos en contacto con a ANPA ou no correo anpa.faxarda.cgs @ hotmail.com.



viernes, 9 de septiembre de 2022

miércoles, 31 de agosto de 2022

📚 DESCONTOS NAS LIBRERÍAS DA VILA 📚

Hoxe queremos recordarvos, que tal e como informamos por Abalar, duas librerías da nosa vila ofertaron descontos pola compra dos libros e do material escolar.

Para poder optar a estos descontos é "imprescindible ser socio da ANPA" e aportar o correspondente pago da cuota do curso escolar 2022-2023.



martes, 30 de agosto de 2022

BANCO DE MANDILÓNS

Este curso escolar poñemos de novo en marcha o "BANCO DE MANDILÓNS", destinado a tod@s @s alumn@s de infantil.

Se alguén precisa ó longo do curso escolar algún mandilón, ou quere doar o de cursos anteriores, só teñen que poñerse en contacto con a ANPA, donde vos informaremos de cómo facelo.



lunes, 29 de agosto de 2022

⏳️A VOLTA O COLE XA ESTÁ AQUÍ ⏳️

Hola de novo a todo@s!!  

Tras o parón do verán, poñémonos de novo en marcha, para mantervos informad@s de todas as actividades e noticias que surxan o longo deste curso escolar.

Estamos de novo a vosa disposición para axudarvos no que esté nas nosas mans, e aclararvos calquera dúbida.

Por último, desexarvos un feliz fin de verán e unha feliz volta as aulas.




miércoles, 22 de junio de 2022

 🕺💃 Remata o cole con o FESTIVAL FIN DE CURSO  💃🕺

Hoxe, para rematar o curso escolar, tivo lugar a festa de fin de curso, organizada polo cole.

Seguindo a temática elexida para todo o curso de  "A VOLTA O MUNDO EN 175 DÍAS", celebrouse un FESTIVAL DE EUROVISIÓN, representado por tod@s @s nen@s de infantil e primaria, con unhas magníficas actuacións. 

Presentado por nen@s de diferentes cursos e en diferentes idiomas, tivemos cancións antigas, modernas, gañadoras do festival e incluso algunha que optaba a participar nel, pero non o fixo. 

As actuacións estiveron moi animadas, e con gran afluencia de público. 

Por suposto, dar a NORABOA a tod@s @s nen@s polo magnífico espectáculo, e a tod@s @s profes polas magníficas coreografías con as que nos deleitaron. 

E agora...A DISFRUTAR DO VERÁN!!!!



jueves, 16 de junio de 2022

🔊🔊ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS🔊🔊

Hoxe queremos lembrarvos que se celebra no Cine Teatro de Ribadeo a ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS da ANPA A FAXARDA. Será as 19.00h en primeira convocatoria, e as 19.30h en segunda convocatoria.

Lembrade que contamos con servizo de garda e custodia d@s vos@s pequenos (Marita).

Agardamos por a vosa participación!!!



martes, 14 de junio de 2022

 🏆🥇 PREMIADOS DO CONCURSO DE DEBUXOS E RELATOS CURTOS PROPOSTO POLA COMISIÓN DE FESTAS DE RIBADEO 🥇🏆

Durante o pasado mes de abril a Comisión de Festas de Ribadeo organizou un Concurso de Debuxos e Relatos Curtos para todo o alumnado de primaria do noso pobo.


Os agraciados do CEIP Gregorio Sanz son:

4º EDUCACIÓN PRIMARIA:

- Gañadora do Debuxo: LOLA GARCÍA MEITÍN (4ºA)


5º EDUCACIÓN PRIMARIA:

- Gañadora de Debuxo: MENCÍA CALONGE COTARELO (5º B)

- Gañador do Relato: ANDRÉS LOUREIRO GRUÑEIRO ( 5º B)


6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

- Gañador do Debuxo: AITOR LÓPEZ GARCÍA (6º B)

- Gañador do Relato: XOEL NONIDE GARCÍA (6º B)


Tod@s os gañadores recibirán no colexio os próximos días os agasallos, e a Comisión de Festas de Ribadeo, por motivo de espazo, elexirá os debuxos ou relatos que aparecerán no libro das festas.

Noraboa a tod@s @s gañadores!!




lunes, 13 de junio de 2022

👩🏼‍🎓👨🏻‍🎓GRADUACIÓNS FIN DE CURSO👨🏻‍🎓👩🏼‍🎓

O fin de curso estase a acercar, e con él, as graduacións.

O próximo mércores 15 de Xuño, no Auditorio Hernán Naval, celebraranse as graduacións do alumnado de 6° de Infantil e de 6° de Primaria.

Os primeiros en graduarse será o alumnado de 6° de Infantil, que o farán as 10.30h da mañan....e a continuación será o alumnado de 6° de Primaria, que o farán sobre as 12.30h da mañan.

E con as graduacións, remata unha etapa para @s nos@s nen@s e comeza outra nova.


NORABOA A TOD@S!!!




jueves, 9 de junio de 2022

Festa no cole!

 O remate do curso está ó caer. Anpa a Faxarda organiza para o vindeiro día 17:

 De 10 a 11:30 con xogos tradicionais ao aire libre.


 Ás 12 o bolechas chegan para sorprender os mais pequen@s e a esa mesma hora para os mais maiores( a partir de 3°de primaria) consertasso de Brais na horta.


A partir das 14:30 picnic o aire libre amenizado por amigos da gaita. Os nen@s son invitados por cole á sua comida. As familias que queiran vir a acompañar ós nen@s deberán traer a día propia comida.


A disfrutar da festa e a disfrutar do verán.




jueves, 19 de mayo de 2022

Charla nutrición no cole!



Dirixida e proposta polo Cfr de Lugo en relación ao grupo de formación de hábitos saudables feito no centro este curso.

miércoles, 18 de mayo de 2022

OBRADOIRO TERRITORIO VIVO


A especialidade no CEIP Gregorio Sanz, unha Horta ecolóxica na que 220 nen@s están a participar no seu coidado . O obxetivo:  concienciar sobre a importancia da sostenibilidade, educar en valores e estimular o traballo cooperativo.

 

http://xn--xornaldamaria-tkb.gal/sociedade/95125-o-obradoiro-territorio-vivo-prepara-visitas-interpretativas-pola-ria-de-ribadeo-e-a-praia-de-altar

Piragüismo 🚣

 


Hoxe, no CEIP Gregorio Sanz, piragüismo!

Continuamos coa promoción deste deporte dentro do Plan Provincial da Vicepresidencia. Deputación de Lugo.
Unha alternativa deportiva máis para @s nen@s de Ribadeo e unha forma de disfrutar da ría. 🚣🚣

viernes, 6 de mayo de 2022

💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉💉

 

VENRES: COMPARTIR A PENA FAI MENOR A CARGA.

       O apoio e a protección cara os demáis fai que nos sintamos útiles, ademáis  fortalece vínculos no grupo, lazos de amizade e sentimento de pertenza.



jueves, 5 de mayo de 2022

💉💉 VACINA DO BO TRATO💉💉



XOVES:  SÉ VALENTE: DESCÚLPATE.

   Educación e Negociación na resolución de conflictos: Pedir perdón ante un erro ou un dano causado mostra respecto; tamén humildade ao recoñecer o erro. É moi importante aceptar e recoñecer que todas as persoas nos equivocamos.

       Cando nos desculpamos asumimos as consecuencias dos nosos actos e tamén, temos en conta á outra persoa. Ao pedir perdón facémonos cargo de que fixemos algo que puido molestar ou danar.

miércoles, 4 de mayo de 2022

💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉 💉

 



Hoxe terceiro día para por en práctica a Vacina do Bo Trato contra o "Violentavirus"

ESCOITA...TAMÉN COS OLLOS.
Empatía e comunicación efectiva: O contacto visual demostra atención hacia o que a outra persoa dice e sinte, ademáis de mostrar sinceridade. Require paciencia e tamén saír de nós, é dicir, deixar de lado o que nós pensamos e/ou queremos expresar para dar paso ás ideas da outra persoa.

martes, 3 de mayo de 2022

💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉 💉

Hoxe é o segundo día para por en práctica a Vacina do Bo Trato contra o "Violentavirus".

Este martes a consigna a aplicar é a seguinte:
" Coidado e afecto: NON AFORRES EN SORRISOS". Vestirnos cun sorriso xenera confianza, implica cercanía e facilita a comunicación. 

Agora toca poñelo en práctica!!! 😁😁



lunes, 2 de mayo de 2022

💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉💉

 💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉💉


Dende a Anpa A Faxarda esta semana estamos a promover entre toda a comunidade educativa do noso cole a "Vacina do Bo Trato".


Esta vacina consta de 5 consignas, unha para cada día, para fomentar o bo trato, o respeto, a non violencia....e para que sexa inclusivo a todos os niveis cada día unha monitora ensinaralles como se di en linguaxe de signos.


Hoxe luns, a consigna é a seguinte:

"Respecto e interacción igualitaria". SAUDA, DI POR FAVOR E GRAZAS. 3 palabras moi simples q fomentan mellorar a convivencia, reducir tensions e valorar o esforzo.


Entre tod@s se poñemos un pouco da nosa parte podemos acabar con este virus tan problemático que está tan presente.



jueves, 31 de marzo de 2022

Xornada de portas abertas

 O CEIP Gregorio Sanz mantén as xornadas de portas abertas durante todos os luns do mes de abril en horario de 16:00 a 17:00 previa cita no teléfono 982-87-07-04

As súas instalacións interiores están compostas por as  aulas de docencia ( con equipos informáticos en todas elas e pantallas proxectoras), a  aula de informática totalmente equipada e a biblioteca. 

As aulas para os nenos de 3 anos constan de baño no seu interior para facilitar a autonomía dos máis pequenos.

As instalacións exteriores están  formadas por amplas zonas verdes para o tempo de lecer, unha pista polideportiva cuberta, outra descuberta e o ximnasio.

Como servicios complementarios o colexio goza dun comedor con xestión directa, onde se elaboran os menús confeccionados por unha nutricionista e 6 rutas de transporte, 4 delas pertencentes a consellería e 2 xestionadas pola Anpa para o alumnado do casco urbano.

Da man da Anpa tamén gozamos do servicio conciliador  bos días dende as 7:30 da mañá e boas tardes ata as 18:00 podendo ampliar horarios según necesidades específicas e de múltiples actividades extraescolares: Ioga, mecanografía, inglés, kárate, cociña, teatro ..entre outras

Así mesmo o alumnado participa en actos conmmemoratvos como o Nadal, o Samaín , as letras galegas, o dia da Paz etc , en talleres de igualdade e diversidade  e en todas aquelas actividades que o claustro considera de interés pedagóxico no que se aunan as forzas do profesorado, a Anpa e o concello.

A continuación amososámosvos un video do centro (anterior as obras) que o próximo curso arrancará con unha imaxe renovada gracias a un proxecto de reforma integral e de mellora enerxética . 

Vinde a coñecer o CEIP Gregorio  Sanz!




martes, 15 de marzo de 2022

Desfibrilador no cole


 O CEIP Gregorio Sanz, un espazo cardioprotexido. 

Un proxecto, baseado na normativa aplicable Decreto 38/2017, de 23 de marzo, polo que se regula a instalación e o uso de desfribiladores externos fóra do ámbito sanitario,foi presentado no curso pasado dende o centro á FUNDACIÓN LA CAIXA,  CAIXABANK DE RIBADEO. Así foi como se logrou que o noso colexio conte nas súas instalacións con un desfibrilador. Dende aquí queremos expresar, en nome de toda a comunidade educativa,  o noso agradecemento e a xenerosidade da súa aportación.

 O CEIP Gregorio Sanz é o único centro público dunha poboación que achega a 10.000 habitantes que desenrola durante o curso escolar múltiples actividades promovidas polo profesorado, o concello e a Anpa na que conflúen personas de tódalas idades durante o curso escolar e nos campamentos de verán e escolas deportivas en época estival.

Tendo en conta a cantidade de persoas que morren cada día por infarto, destacamos a importancia de contar con este aparato, con persoal formado por profesionais sanitarios que saiban facer uso del e que o noso centro dispoña deste medio polo que poida pasar.

Por último, destacar a formación que se levou a cabo para poder usalo de forma axeitada, en caso de ser necesario, que se prevé ampliar ao resto do profesorado e personal non docente.

miércoles, 9 de marzo de 2022

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR




Na biblioteca O Lar de brinqui continúase co proxecto "A volta ao mundo en 175 días".


Queremos que no resto do mes de marzo, as familias sexan as verdadeiras protagonistas. No mundo existe unha enorme tradición de contos narrados aos neno@s. Ese hábito é o que se pretende manter na  biblioteca e para iso, convidamos a tódalas familias do Ceip Gregorio Sanz a participar co lema deste curso "A ter unha palabra" na biblioteca escolar.


Participación: gravar un audio con un conto ou lenda tradicional (de calquera país do mundo), envíalo o correo electrónico da biblioteca:

bibliotecalardebrinqui@gmail.com


No apartado "asunto" concretarse:  Nome do alumno/a, curso, título e país de origen do conto ou lenda.


Prazo de entrega ata o 31 de marzo.


Agradecemos as vosas achegas e calquera dúbida ou suxerencia poden empregar o correo anteriormente citado.


Moitas grazas pola cosa colaboración.


martes, 22 de febrero de 2022

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES PARA O CURSO 2022/2023!!!

 🔊AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS🔊

O próximo 3 de marzo comeza o prazo de presentación de solicitudes para o vindeiro curso 2022/2023.

O 3 e o 7 de marzo celébranse as Xornadas de Portas Abertas, animádevos e vinde a coñecer o noso cole!!! 

Tendes toda a información dispoñible na páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgregoriosanz/


martes, 15 de febrero de 2022

Concurso Escolar de Entroido da man de OS BOLECHAS!!!

O ENTROIDO xa está aquí!!!!!!💃🏿🕺🏽🦹🏾‍♀️🦹‍♂️🥷🏼👨🏻‍🚒👨🏽‍🎨🧑🏾‍🔬👩🏾‍🏫👨🏿‍🏫🧑🏽‍🌾👮🏻‍♀️👩🏻‍🚀🧛🏻👨🏻‍🔧👩🏻‍🍳 e os nosos amigos Os Bolechas queren festexalo con nós.🥳🥳 Anímate e participa!!!

Consultade toda a información no facebook de Os Bolechas: https://www.facebook.com/100063448130502/posts/340710868053848/




viernes, 14 de enero de 2022

AVISO IMPORTANTE!!

 


Recordade que hoxe rematou o prazo para anotarse nas ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES do próximo cuatrimestre. Só serán admitidas as que cheguen hoxe ó correo da ANPA e as que fosen nas mochilas do cole....NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN A PARTIR DE HOXE!!

lunes, 10 de enero de 2022

🔊🔊 AVISO EXTRAESCOLARES 🔊🔊


Durante todo este mes de xaneiro seguimos tendo ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES...e lembrade que tendes dende hoxe ata o día 14 deste mes, para devolver cubertas as inscripcions para o seguinte cuatrimestre na mochila dos vosos fill@s. SI POR MOTIVO DE CONFINAMENTO non acuden o cole esta semana podedes envialos o seguinte correo anpa.faxarda.cgs@hotmail.com. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIONS FORA DE PRAZO.