A arquitectura é cousa de nenos.
O vindeiro xoves, 4 de abril, preséntase na Casa das Letras de Ribadeo
“Arquitectura para pícar@s”, un curso innovador dirixido aos máis
pequenos.
Será unha charla-taller aberta e gratuíta destinada a pais e fillos.
Está organizada polo espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica
MAUmarela! Ribadeo, 1 de abril 2013.- Da man de Jon Urbieta e MAUmarela!
chega a Ribadeo o curso trimestral de Arquitectura para pícar@s que ten
como obxectivo espertar e estimular aos máis cativos para que descubran
e disfruten de cheo do seu entorno construído sendo quen de comprender o
impacto e significado da arquitectura.
Arquitectura para pícar@s é un proxeto innovador na nosa zona, pero que
conta cunha arraigada traxectoria noutros lugares. Partindo dos
coñecementos máis cercanos aos nenos, pasando pola casa propia e
chegando á cidade a traves das rúas e dos seus límites, miraremos a
paisaxe, as montañas, ríos, murallas... Xogaremos sempre coas solucións
que eles propoñan en base ás súas necesidades ou desexos. Traballando
coa súa forma de entender os elementos. En MAUmarela! cremos que é
preciso ir máis alá das fronteiras dos contidos educativos clásicos e
apostamos por unha educación integral, multidisciplinar e creativa como
valor para o futuro. Ademáis, pensamos que é moi positivo educar aos
nenos en conceptos de urbanismo, paisaxismo e elementos constructivos,
para que non repitan erros do pasado e para que se convirtan en cidadáns
críticos e activos. Asemade, agardamos que do curso poidan saír
propostas e materiais expositivos. Arquitectura para pícaros compons
e de talleres traimestrais, dunha sesión semanal, con exercicios
dentro e fora do taller, con visitas, excursións e actividades no
exterior. Poden matricularse nenos a partir de 3 anos e ata 10, de
maneira que participen nas diferentes tarefas en función do seu grao de
dificultade, fomentando así aprendizaxe colaborativa. No curso aléntase o
xogo da imaxinación e da intelixencia, a teoría e a experimentanción.
Dado que a arquitectura é unha forma de arte espacial, traballaranse
habilidades manuais, como: o debuxo, o modelismo, a fotografía, o
muralismo, a infografía... Facendo sempre fincapé nos métodos de
traballo en 3D, que demostraron ser moi eficaces na comprensión do
entorno construído.
_________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario