BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

domingo, 17 de noviembre de 2013

CHARLA LOMCE

O mércores 20 de Novembro ás 7.30 horas no Cine Teatro de Ribadeo haberá una charla informativa sobre a nova lei de educación, a LOMCE, que tanta polémica e malestar está causando.
Organizada pola ANPA e coa colaboración de Fapacel (Federación de Anpas da Provincia de Lugo), acudirá persoal desta asociación para disipar todas as dúbidas que podamos ter e contestar todas as nosas preguntas.
Estais todos invitados a asistir.

jueves, 7 de noviembre de 2013

XII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE

"Cidadanía e convivencia dixital" é unha actividade formativa destinada a sensibilizar as familias no importante labor que poden realizar co fin de apoiar usos seguros e sudables de internet e das redes sociais por parte dos nenos, nenas e adolescentes.

Esta xornada celebrarase o sábado día 16 de novembro nas instalacions da Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela.
Aforo limitado; admisión por orde de inscripción. Se estais interesados en conseguir as solicitudes están a vosa disposición no colexio.

Podeis obter máis información na Secretaría Xeral de Igualdade, no enderezo electrónico info@xornadasigualdade.com e no teléfono 981 520 090