BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

lunes, 25 de febrero de 2013

CONCURSO DE DESEÑO "DÍA DA NAI"




 O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Pratría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia convoca o IV Certame de Deseño Escolar "Deseña unha Xoia para a túa Nai", dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocación da celebración do Día da Nai.
Esta iniciativa ten por obxetivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores por profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica a súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Na páxina web do Colexio de Xoiaría (www.coxga.es) podereis consultar as bases completas do concurso, os deseños finalistas e gañadores da pasada edición, así como un álbum do acto de entrega de premios en 2012.

Os dípticos de participación pódense:
- descargar da páxina web www.coxga.es
- recoller en calquera dos establecementos colaboradores (listado completo na web ou por correo-e a prensa@coxga.es)
- solicitar a oficina do Colexio de Xoiaría (teléfono 981 598 858 ou correo-e prensa@coxga.es)

O prazo de presentación dos deseños remata o luns 25 de marzo e pódense entregar en:
-calquera dos establecementos colaboradores (ver listado na páxina web)
-na oficina do Colexio de Xoiaría, personalmente ou por correo postal:
                                     Colexio Oficial de Xoiaría
                                     Rúa Ramón  Cabanillas, 5-7  2º B
                                     15701 Santiago de Compostela

No hay comentarios:

Publicar un comentario