BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

miércoles, 9 de marzo de 2022

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR




Na biblioteca O Lar de brinqui continúase co proxecto "A volta ao mundo en 175 días".


Queremos que no resto do mes de marzo, as familias sexan as verdadeiras protagonistas. No mundo existe unha enorme tradición de contos narrados aos neno@s. Ese hábito é o que se pretende manter na  biblioteca e para iso, convidamos a tódalas familias do Ceip Gregorio Sanz a participar co lema deste curso "A ter unha palabra" na biblioteca escolar.


Participación: gravar un audio con un conto ou lenda tradicional (de calquera país do mundo), envíalo o correo electrónico da biblioteca:

bibliotecalardebrinqui@gmail.com


No apartado "asunto" concretarse:  Nome do alumno/a, curso, título e país de origen do conto ou lenda.


Prazo de entrega ata o 31 de marzo.


Agradecemos as vosas achegas e calquera dúbida ou suxerencia poden empregar o correo anteriormente citado.


Moitas grazas pola cosa colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario