BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

martes, 15 de marzo de 2022

Desfibrilador no cole


 O CEIP Gregorio Sanz, un espazo cardioprotexido. 

Un proxecto, baseado na normativa aplicable Decreto 38/2017, de 23 de marzo, polo que se regula a instalación e o uso de desfribiladores externos fóra do ámbito sanitario,foi presentado no curso pasado dende o centro á FUNDACIÓN LA CAIXA,  CAIXABANK DE RIBADEO. Así foi como se logrou que o noso colexio conte nas súas instalacións con un desfibrilador. Dende aquí queremos expresar, en nome de toda a comunidade educativa,  o noso agradecemento e a xenerosidade da súa aportación.

 O CEIP Gregorio Sanz é o único centro público dunha poboación que achega a 10.000 habitantes que desenrola durante o curso escolar múltiples actividades promovidas polo profesorado, o concello e a Anpa na que conflúen personas de tódalas idades durante o curso escolar e nos campamentos de verán e escolas deportivas en época estival.

Tendo en conta a cantidade de persoas que morren cada día por infarto, destacamos a importancia de contar con este aparato, con persoal formado por profesionais sanitarios que saiban facer uso del e que o noso centro dispoña deste medio polo que poida pasar.

Por último, destacar a formación que se levou a cabo para poder usalo de forma axeitada, en caso de ser necesario, que se prevé ampliar ao resto do profesorado e personal non docente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario