BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

jueves, 31 de marzo de 2022

Xornada de portas abertas

 O CEIP Gregorio Sanz mantén as xornadas de portas abertas durante todos os luns do mes de abril en horario de 16:00 a 17:00 previa cita no teléfono 982-87-07-04

As súas instalacións interiores están compostas por as  aulas de docencia ( con equipos informáticos en todas elas e pantallas proxectoras), a  aula de informática totalmente equipada e a biblioteca. 

As aulas para os nenos de 3 anos constan de baño no seu interior para facilitar a autonomía dos máis pequenos.

As instalacións exteriores están  formadas por amplas zonas verdes para o tempo de lecer, unha pista polideportiva cuberta, outra descuberta e o ximnasio.

Como servicios complementarios o colexio goza dun comedor con xestión directa, onde se elaboran os menús confeccionados por unha nutricionista e 6 rutas de transporte, 4 delas pertencentes a consellería e 2 xestionadas pola Anpa para o alumnado do casco urbano.

Da man da Anpa tamén gozamos do servicio conciliador  bos días dende as 7:30 da mañá e boas tardes ata as 18:00 podendo ampliar horarios según necesidades específicas e de múltiples actividades extraescolares: Ioga, mecanografía, inglés, kárate, cociña, teatro ..entre outras

Así mesmo o alumnado participa en actos conmmemoratvos como o Nadal, o Samaín , as letras galegas, o dia da Paz etc , en talleres de igualdade e diversidade  e en todas aquelas actividades que o claustro considera de interés pedagóxico no que se aunan as forzas do profesorado, a Anpa e o concello.

A continuación amososámosvos un video do centro (anterior as obras) que o próximo curso arrancará con unha imaxe renovada gracias a un proxecto de reforma integral e de mellora enerxética . 

Vinde a coñecer o CEIP Gregorio  Sanz!




martes, 15 de marzo de 2022

Desfibrilador no cole


 O CEIP Gregorio Sanz, un espazo cardioprotexido. 

Un proxecto, baseado na normativa aplicable Decreto 38/2017, de 23 de marzo, polo que se regula a instalación e o uso de desfribiladores externos fóra do ámbito sanitario,foi presentado no curso pasado dende o centro á FUNDACIÓN LA CAIXA,  CAIXABANK DE RIBADEO. Así foi como se logrou que o noso colexio conte nas súas instalacións con un desfibrilador. Dende aquí queremos expresar, en nome de toda a comunidade educativa,  o noso agradecemento e a xenerosidade da súa aportación.

 O CEIP Gregorio Sanz é o único centro público dunha poboación que achega a 10.000 habitantes que desenrola durante o curso escolar múltiples actividades promovidas polo profesorado, o concello e a Anpa na que conflúen personas de tódalas idades durante o curso escolar e nos campamentos de verán e escolas deportivas en época estival.

Tendo en conta a cantidade de persoas que morren cada día por infarto, destacamos a importancia de contar con este aparato, con persoal formado por profesionais sanitarios que saiban facer uso del e que o noso centro dispoña deste medio polo que poida pasar.

Por último, destacar a formación que se levou a cabo para poder usalo de forma axeitada, en caso de ser necesario, que se prevé ampliar ao resto do profesorado e personal non docente.

miércoles, 9 de marzo de 2022

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR




Na biblioteca O Lar de brinqui continúase co proxecto "A volta ao mundo en 175 días".


Queremos que no resto do mes de marzo, as familias sexan as verdadeiras protagonistas. No mundo existe unha enorme tradición de contos narrados aos neno@s. Ese hábito é o que se pretende manter na  biblioteca e para iso, convidamos a tódalas familias do Ceip Gregorio Sanz a participar co lema deste curso "A ter unha palabra" na biblioteca escolar.


Participación: gravar un audio con un conto ou lenda tradicional (de calquera país do mundo), envíalo o correo electrónico da biblioteca:

bibliotecalardebrinqui@gmail.com


No apartado "asunto" concretarse:  Nome do alumno/a, curso, título e país de origen do conto ou lenda.


Prazo de entrega ata o 31 de marzo.


Agradecemos as vosas achegas e calquera dúbida ou suxerencia poden empregar o correo anteriormente citado.


Moitas grazas pola cosa colaboración.