O CEIP Gregorio Sanz mantén as xornadas de portas abertas durante todos os luns do mes de abril en horario de 16:00 a 17:00 previa cita no teléfono 982-87-07-04
As súas instalacións interiores están compostas por as aulas de docencia ( con equipos informáticos en todas elas e pantallas proxectoras), a aula de informática totalmente equipada e a biblioteca.
As aulas para os nenos de 3 anos constan de baño no seu interior para facilitar a autonomía dos máis pequenos.
As instalacións exteriores están formadas por amplas zonas verdes para o tempo de lecer, unha pista polideportiva cuberta, outra descuberta e o ximnasio.
Como servicios complementarios o colexio goza dun comedor con xestión directa, onde se elaboran os menús confeccionados por unha nutricionista e 6 rutas de transporte, 4 delas pertencentes a consellería e 2 xestionadas pola Anpa para o alumnado do casco urbano.
Da man da Anpa tamén gozamos do servicio conciliador bos días dende as 7:30 da mañá e boas tardes ata as 18:00 podendo ampliar horarios según necesidades específicas e de múltiples actividades extraescolares: Ioga, mecanografía, inglés, kárate, cociña, teatro ..entre outras
Así mesmo o alumnado participa en actos conmmemoratvos como o Nadal, o Samaín , as letras galegas, o dia da Paz etc , en talleres de igualdade e diversidade e en todas aquelas actividades que o claustro considera de interés pedagóxico no que se aunan as forzas do profesorado, a Anpa e o concello.
A continuación amososámosvos un video do centro (anterior as obras) que o próximo curso arrancará con unha imaxe renovada gracias a un proxecto de reforma integral e de mellora enerxética .
Vinde a coñecer o CEIP Gregorio Sanz!