O luns 15 de Novembro o almnado de 6º curso de E.P. acudirá o Auditorio Municipal Hernán Naval, á charla que lles impartirá Blanca Villares, mestra de música tradicional, con máis de 15 anos de experiencia na docencia musical con rapazas e rapaces.
Nestes tempos de identiades dixitasi e sobreexposición en redes sociais, plantéxase como necesario e urxente fomentar espazos físicos de encontro e reflexión colectiva entre a mocidade, fronte á soidade na que consumen contidos dixitais a diario.
"DO TRADI Ó TRAP...Baila, morena!!" é unha charla coloquio na que se interpreta musica en vivo, proxéctanse materiais audiovisuais e nárrase unha experiencia que interpela a cada paso ós rapaces e rapazas participantes.
ORGANIZA: Anpa A Faxarda
COLABORA: Fapacel, Concello de Ribadeo e CEIP Gregorio Sanz
No hay comentarios:
Publicar un comentario