En primeiro lugar queremos darvos a benvida de novo o blog.
Neste curso 2021/2022 creouse unha nova directiva, polo que entendemos que para que nos vaiades poñendo cara, o primeiro que debemos facer e presentarnos.
A nosa intención non é ser unha directiva o feito, senón que formamos uns grupos de traballo para que entre tod@s podamos aportar ideas e intentar xestionar solucións, sempre deixando as portas abertas a todos aqueles pais e nais que se queiran incorporar para colaborar con nós. E por suposto, intentaremos retomar, sempre que as condicións sanitarias o permitan, as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e seguiremos mantendo o servizo de BOS DÍAS e BOAS TARDES, tal e como se estaba a facer, o igual que a xestión do BUS URBANO.
E como para esta primeira entrada do blog non queremos ser moi pesados, pasamos a presentarvos a nova directiva da ANPA:
** PRESIDENTA: Vanesa Villarino Legaspi (nai de Vera e Pablo)
** VICEPRESIDENTA: Ángeles Martínez Martínez (nai de Antía)
** SECRETARIA: Sandra Saavedra Blanco (nai de Uxía e Maré)
** TESOUREIRA: Raquel Pérez Otero (nai de Amanda)
** VOGAIS: Emma Martínez Díaz (nai de Noa)
Teresa Santiso Carral (nai de Adrián)
Manuel Valín Valdés (pai de Dani)
Laura Sixto Morán (nai de Vera e Omar)
Raquel González Insua ( nai de Marcos e Carmela)
Grete Maseda Lodos (nai de David e Joel)
Sonia López Rodríguez (nai de Victor)
Inma Reimondo Barrera (nai de Iván)
E por hoxe, isto e todo. Dende esta directiva esperamos poder axudar a cubrir as necesidades da nosa comunidade educativa, e intentar solucionar os problemas que podan ir xurdindo neste e nos vindeiros cursos.
Ata a próxima entrada do blog, e FELIZ COMEZO DE CURSO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario