A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.
Día: 21 de febreiro de 2015
Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Prazo de inscrición: ata cubrir as prazas dispoñibles durante o venres día 20 de febreiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario