Os libros gustan da viaxe e da
sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao
abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
Xa están preparadas as Mochilas Viaxeiras para viaxar un ano máis os fogares do noso alumnado.
Xa están preparadas as Mochilas Viaxeiras para viaxar un ano máis os fogares do noso alumnado.
A mochila viaxeira
permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade
que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras
máis novos. Xorden coa idea de fomentar a lectura en familia e por iso nelas atoparedes materiais para grandes e pequenos.
No díptico que acompaña as mochilas detállase
esta actividade de fomento da lectura: a súa finalidade, os
destinatarios, o posible contido, a temporalización e outras cuestión de
interese.
Revisade a Guía de Uso que as acompaña e recordade que os materiais que levan son Pequenos Tesouros que temos que coidar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario