BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

jueves, 22 de enero de 2015

ENQUISA PARA NAIS E PAIS

Enquisa sobre o funcionamento da ANPA A Faxarda

  O obxectivo principal da ANPA A Faxarda é fomentar a participación das familias e colaborar nunha educación integral dos alumn@s do CEIP Gregorio Sanz. Para mellorar no posible a nosa tarefa queremos coñecer a vosa opinión, por iso vos agradezemos que completedes esta enquisa. Responder supón un pequeno esforzo, pero tamén representa unha oportunidade para expresarse. A información que achegades é importante, polo que vos pedimos que respondades con sinceridade a cada unha das preguntas. Esta enquisa garante o voso anonimato. 


descarga PDF
descarga WORD


  Unha vez completada podedes mandarnola por correo electrónico: anpa.faxarda.cgs@hotmail.com ou ben imprimila e deixala no buzón da ANPA sita no edificio da secretaria ou entregala a calqueira membro da diretiva.

   Aproveitamos para recordarvos que participar na ANPA permite coñecer e compartir con outros pais e nais as vosas inquedanzas e propostas e axudarnos mutuamente, facendo forza para lograr a mellor educación para os nosos fill@s. Creemos que é positivo que todos velemos pola calidade da súa educación, xa que a participación activa dos pais e nais no entorno educativo, ademáis de formar parte das nosas responsabilidades, favorece unha maior autoestima dos nenos e nenas e un mellor rendemento escolar. Por iso nos gustaría que asistirades á próxima asamblea da ANPA.
 

miércoles, 14 de enero de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS


Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
Xa están preparadas as Mochilas Viaxeiras para viaxar un ano máis os fogares do noso alumnado.
A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos. Xorden coa idea de fomentar a lectura en familia e por iso nelas atoparedes materiais para grandes e pequenos. 
No díptico que acompaña as mochilas detállase esta actividade de fomento da lectura: a súa finalidade, os destinatarios, o posible contido, a temporalización e outras cuestión de interese.
Revisade a Guía de Uso que as acompaña e recordade que os materiais que levan son Pequenos Tesouros que temos que coidar.