BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Como estimular a intelixencia dos nosos fillos?

Hoxe luns, ás 19.00 h, a cooperativa ribadense MAUmarela! dará unha conferencia aberta a nais e pais onde se tratarán os programas de estimulación das habilidades da intelixencia nos nenos e nenas.

Ribadeo, 30 de setembro 2013.- A cooperativa MAUmarela! organiza esta tarde do luns 30 de setembro unha conferencia aberta a nais e pais onde se falará sobre os diferentes programas de estimulación das habilidades da intelixencia que imparte este Espazo de Aprendizaxe e Creatividade Pedagóxica con sede en Ribadeo. A conferencia estará conducida por Carolina García Chico, coordinadora da área pedagóxica de MAUmarela! E Guillermo Hernández, coordinador de Formación.
A conferencia, aberta e gratuíta, inaugurará a semana de portas abertas en MAUmarela!
Nen@s e adult@s poderán coñecer a oferta formativa do centro, que pasa por Arquitectura para pícar@s, debuxo, escultura, escritura creativa, taller de Xornalismo e blogs, Filosofía para Nen@s, chinés... Unha oferta “innovadora e moderna; variada, pero sempre cun elemento pedagóxico común, que está envolvéndoo todo”, sinala Guillermo. “Somos conscientes de que as propostas non son moi coñecidas, a pesar de levar moito tempo aplicándose noutros sitios. Por iso queremos abrir as portas a toda a xente da Mariña, para que se acheguen a coñeceros”, engade.
A conferencia desta tarde tratará un tema que inqueda a moitas nais e pais: “Falaremos do concepto de intelixencia e de cómo cremos que se pode potenciar, entre outras cousas, a través dos nosos programas”, sinala Carolina. “Nós cremos que a intelixencia é algo evolutivo, non é que as nenas ou nenos se vaian facer máis listos. O que podemos é dar pautas para exercitar a intelixencia. Alguén que corre exercítase correndo a intelixencia tamén hai que estimulala”. En MAUmarela apostan pola estimulación da creatividade aplicada aos estudos, incidindo na parte motivacional e buscando novas metodoloxías.


No hay comentarios:

Publicar un comentario