O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Pratría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia convoca o IV Certame de Deseño Escolar "Deseña unha Xoia para a túa Nai", dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocación da celebración do Día da Nai.
Esta iniciativa ten por obxetivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores por profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica a súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Na páxina web do Colexio de Xoiaría (www.coxga.es) podereis consultar as bases completas do concurso, os deseños finalistas e gañadores da pasada edición, así como un álbum do acto de entrega de premios en 2012.
Os dípticos de participación pódense:
- descargar da páxina web www.coxga.es
- recoller en calquera dos establecementos colaboradores (listado completo na web ou por correo-e a prensa@coxga.es)
- solicitar a oficina do Colexio de Xoiaría (teléfono 981 598 858 ou correo-e prensa@coxga.es)
O prazo de presentación dos deseños remata o luns 25 de marzo e pódense entregar en:
-calquera dos establecementos colaboradores (ver listado na páxina web)
-na oficina do Colexio de Xoiaría, personalmente ou por correo postal:
Colexio Oficial de Xoiaría
Rúa Ramón Cabanillas, 5-7 2º B
15701 Santiago de Compostela