BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

lunes, 16 de enero de 2023

‼️ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2° CUADRIMESTRE!!

Dende hoxe xa podedes anotar as crianzas nas actividades extraescolares do 2° cuadrimestre. 

Lembrade que " SÓ SE ADMITIRÁN AS INSCRICIÓNS A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE TOKAPP ".



sábado, 19 de noviembre de 2022

🎄🎅 CAMPAMENTO DE NADAL 🎅🎄

E por fin, podemos anunciar esa sorpresa que vos estabamos a preparar: a Anpa A Faxarda organiza o seu primeiro Campamento de Nadal!!! 🎅🎄

Se estás nalgunha das situacións incluída na inscrición ou traballas, dispoñemos de 30 prazas que se adxudicarán según as puntuacións dos criterios establecidos.

Prazo de inscrición 28, 29 e 30 de Novembro.

O Nadal xa está aquí. ...agardámosvos!!!





miércoles, 16 de noviembre de 2022

RECORDATORIO DE DATAS PARA A FORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o protagonista da vida do noso colexio, e tod@s temos voz e voto para que todo funcione sen problema. 

Lembrade que o próximo mércores 23 de Novembro son as eleccions para elexir os representantes do Consello, e que a participación é moi importante.

Agardamos a vosa participación!!! 📨



martes, 18 de octubre de 2022

📢 ASAMBLEA XERAL DE SOCI@S 📢

Lembrade que hoxe, día 18 de outubro, celebraremos a Asamblea Xeral de soci@s na Biblioteca do cole. Será as 19.00h en primeira convocatoria e as 19.30h en segunda convocatoria....agardamos por vós!!!



jueves, 15 de septiembre de 2022

AXUDAS BONO COIDADO

 

AXUDAS:
| 👉 Ata o 30 de setembro as familias galegas poden solicitar o BONO COIDADO, co que poder sufragar os custes de contratación de servizos de atención aos menores de ata 12 anos, cando por motivos de traballo ou enfermidade, a familia non se poida facer cargo durante as vacacións escolares.

🔗Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioG0657-280622-0002_gl.pdf