BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

miércoles, 13 de septiembre de 2023

sábado, 1 de abril de 2023

 Dende Anpa A Faxarda queremos unirnos a dor das familias por tan tráxica perda acontecida hoxe na nosa vila...😢😢.



lunes, 16 de enero de 2023

‼️ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2° CUADRIMESTRE!!

Dende hoxe xa podedes anotar as crianzas nas actividades extraescolares do 2° cuadrimestre. 

Lembrade que " SÓ SE ADMITIRÁN AS INSCRICIÓNS A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE TOKAPP ".



sábado, 19 de noviembre de 2022

🎄🎅 CAMPAMENTO DE NADAL 🎅🎄

E por fin, podemos anunciar esa sorpresa que vos estabamos a preparar: a Anpa A Faxarda organiza o seu primeiro Campamento de Nadal!!! 🎅🎄

Se estás nalgunha das situacións incluída na inscrición ou traballas, dispoñemos de 30 prazas que se adxudicarán según as puntuacións dos criterios establecidos.

Prazo de inscrición 28, 29 e 30 de Novembro.

O Nadal xa está aquí. ...agardámosvos!!!





miércoles, 16 de noviembre de 2022

RECORDATORIO DE DATAS PARA A FORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o protagonista da vida do noso colexio, e tod@s temos voz e voto para que todo funcione sen problema. 

Lembrade que o próximo mércores 23 de Novembro son as eleccions para elexir os representantes do Consello, e que a participación é moi importante.

Agardamos a vosa participación!!! 📨



martes, 18 de octubre de 2022

📢 ASAMBLEA XERAL DE SOCI@S 📢

Lembrade que hoxe, día 18 de outubro, celebraremos a Asamblea Xeral de soci@s na Biblioteca do cole. Será as 19.00h en primeira convocatoria e as 19.30h en segunda convocatoria....agardamos por vós!!!



jueves, 15 de septiembre de 2022

AXUDAS BONO COIDADO

 

AXUDAS:
| 👉 Ata o 30 de setembro as familias galegas poden solicitar o BONO COIDADO, co que poder sufragar os custes de contratación de servizos de atención aos menores de ata 12 anos, cando por motivos de traballo ou enfermidade, a familia non se poida facer cargo durante as vacacións escolares.

🔗Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioG0657-280622-0002_gl.pdf



martes, 13 de septiembre de 2022

ATENCIÓN FAMILIAS!!! DESCONTOS EN EXTRAESCOLARES

Temos unha nova de última hora que contarvos!!!

Nas 5 actividades extraescolares que mostramos a continuación, imos ter descontos especiais tanto por irmans na mesma actividade como por anotar as crianzas en máis dunha das actividades. 

Este desconto só se efectuará sempre que se cumpran algunha das condicions anteriormente descritas, no momento que deixen de cumprirse o desconto non se fará.

Para máis información poñédevos en contacto con a ANPA ou no correo anpa.faxarda.cgs @ hotmail.com.



viernes, 9 de septiembre de 2022

FAITE SOCI@!!!!

Benvid@s a un novo curso escolar.

Asóciate para poder disfrutar de todalas ventaxas!!!



miércoles, 31 de agosto de 2022

📚 DESCONTOS NAS LIBRERÍAS DA VILA 📚

Hoxe queremos recordarvos, que tal e como informamos por Abalar, duas librerías da nosa vila ofertaron descontos pola compra dos libros e do material escolar.

Para poder optar a estos descontos é "imprescindible ser socio da ANPA" e aportar o correspondente pago da cuota do curso escolar 2022-2023.



martes, 30 de agosto de 2022

BANCO DE MANDILÓNS

Este curso escolar poñemos de novo en marcha o "BANCO DE MANDILÓNS", destinado a tod@s @s alumn@s de infantil.

Se alguén precisa ó longo do curso escolar algún mandilón, ou quere doar o de cursos anteriores, só teñen que poñerse en contacto con a ANPA, donde vos informaremos de cómo facelo.



lunes, 29 de agosto de 2022

⏳️A VOLTA O COLE XA ESTÁ AQUÍ ⏳️

Hola de novo a todo@s!!  

Tras o parón do verán, poñémonos de novo en marcha, para mantervos informad@s de todas as actividades e noticias que surxan o longo deste curso escolar.

Estamos de novo a vosa disposición para axudarvos no que esté nas nosas mans, e aclararvos calquera dúbida.

Por último, desexarvos un feliz fin de verán e unha feliz volta as aulas.