Dirixida e proposta polo Cfr de Lugo en relación ao grupo de formación de hábitos saudables feito no centro este curso.
BENVIDOS
Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.
jueves, 19 de mayo de 2022
Charla nutrición no cole!
Dirixida e proposta polo Cfr de Lugo en relación ao grupo de formación de hábitos saudables feito no centro este curso.
miércoles, 18 de mayo de 2022
OBRADOIRO TERRITORIO VIVO
A especialidade no CEIP Gregorio Sanz, unha Horta ecolóxica na que 220 nen@s están a participar no seu coidado . O obxetivo: concienciar sobre a importancia da sostenibilidade, educar en valores e estimular o traballo cooperativo.
http://xn--xornaldamaria-tkb.gal/sociedade/95125-o-obradoiro-territorio-vivo-prepara-visitas-interpretativas-pola-ria-de-ribadeo-e-a-praia-de-altar
Piragüismo 🚣
Hoxe, no CEIP Gregorio Sanz, piragüismo!
Continuamos coa promoción deste deporte dentro do Plan Provincial da Vicepresidencia. Deputación de Lugo.
Unha alternativa deportiva máis para @s nen@s de Ribadeo e unha forma de disfrutar da ría. 🚣🚣
viernes, 6 de mayo de 2022
💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉💉
VENRES: COMPARTIR A PENA FAI MENOR A CARGA.
O apoio e a protección cara os demáis fai que nos sintamos útiles, ademáis fortalece vínculos no grupo, lazos de amizade e sentimento de pertenza.
jueves, 5 de mayo de 2022
💉💉 VACINA DO BO TRATO💉💉
XOVES: SÉ VALENTE: DESCÚLPATE.
Educación e Negociación na resolución de conflictos: Pedir perdón ante un erro ou un dano causado mostra respecto; tamén humildade ao recoñecer o erro. É moi importante aceptar e recoñecer que todas as persoas nos equivocamos.
Cando nos desculpamos asumimos as consecuencias dos nosos actos e tamén, temos en conta á outra persoa. Ao pedir perdón facémonos cargo de que fixemos algo que puido molestar ou danar.
miércoles, 4 de mayo de 2022
💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉 💉
Hoxe terceiro día para por en práctica a Vacina do Bo Trato contra o "Violentavirus"
ESCOITA...TAMÉN COS OLLOS.
Empatía e comunicación efectiva: O contacto visual demostra atención hacia o que a outra persoa dice e sinte, ademáis de mostrar sinceridade. Require paciencia e tamén saír de nós, é dicir, deixar de lado o que nós pensamos e/ou queremos expresar para dar paso ás ideas da outra persoa.
martes, 3 de mayo de 2022
💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉 💉
lunes, 2 de mayo de 2022
💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉💉
💉💉 VACINA DO BO TRATO 💉💉
Dende a Anpa A Faxarda esta semana estamos a promover entre toda a comunidade educativa do noso cole a "Vacina do Bo Trato".
Esta vacina consta de 5 consignas, unha para cada día, para fomentar o bo trato, o respeto, a non violencia....e para que sexa inclusivo a todos os niveis cada día unha monitora ensinaralles como se di en linguaxe de signos.
Hoxe luns, a consigna é a seguinte:
"Respecto e interacción igualitaria". SAUDA, DI POR FAVOR E GRAZAS. 3 palabras moi simples q fomentan mellorar a convivencia, reducir tensions e valorar o esforzo.
Entre tod@s se poñemos un pouco da nosa parte podemos acabar con este virus tan problemático que está tan presente.