BENVIDOS




Benvidos o noso blog que pretende servir como punto de información das actividades que realizaremos tanto dende esta asociación como dende outras que afecten @s nos@s pequen@s.

jueves, 15 de marzo de 2012

Concurso "Háblame de tu abuelo. Háblame de tu nieto"



O día 26 de XULLO, festividad de San Xaquín e Santa Ana, foi designado Día Mundial dos Avós.
A Fundación SM e a Confederación Española de Organizacións de Maiores (CEOMA), convocan o XIV Concurso Nacional Háblame de tu abuelo. Háblame de tu nieto”. Este concurso ten como obxectivo potenciar o encontro interxeneracional, poñendo de relieve os valores da relación entre os avós e os netos.
A convocatoria diríxese aos avós e nenos de 3 a 16 anos, alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obligatoria dos colexios públicos, concertados ou privados de toda España.
Para descargar as bases, premer na imaxe.

domingo, 11 de marzo de 2012

OFERTA DE CAMPAMENTOS XUVENÍS DENTRO DO PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2012

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA
Publicouse no DOG data 5 de marzo do 2012 a convocatoria de prazas.
Podedes solicitalas ata o 20 de marzo.
Recordade que tamén hai prazas para discapacitados.
Deixámosvos o ligazón onde tedes toda a información.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120305/AnuncioCA05-290212-12813_gl.html

AXUDAS PARA REALIZACIÓN DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Informámosvos da publicación no DOG nº 45 data 5 de marzo de  2012 da  ORDE do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Ditas axudas están dirixidas a alumnos de 6º de Primaria, E.S.O. e Bacharelato. 
Podedes seguir o ligazón para obter más información.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120305/AnuncioG0164-240212-12650_gl.html