O programa "Bos días" desenvolto pola ANPA "A Faxarda" está en funcionamento desde o inicio do curso escoar 2008-2009 a partir das 8:00 horas.
O programa Bos días de atención aos alumnos e alumnas que precisen quedar a partir das oito da mañá no centro está concibido coa fin de que os pais e nais poidan conciliar vida familiar e laboral e, ao mesmo tempo, os nenos e nenas adquiran valores de respecto, igualdade, hixiene persoal, boa alimentación e vida sá.
Para atender aos nosos alumnos/as contamos cunha persoa coa titulación CFGS de Educación Infantil, polo tanto , volven a quedar en boas mans.
Esta actividade está coordinada con outras instancias da vida municipal. Así, todas as nais e pais poden acudir ao Centro de Información da Muller do Concello de Ribadeo para informárense da posibilidade de recibir un bono-axuda para levar aos seus fillos e fillas a este Programa Bos Días. Esta axuda é directa ás familias, nunca á Asociación que o organiza.
Pódense levar aos nenos e nenas ben por días soltos ou todos os días da semana.
As actividades desenvólvense do seguinte xeito:
De 8 a 8:30 h - Recepción
De 8;30 a 9;00 h - Almorzo/Hixiene ( Almorzo:optativo)
De 9:00 a 9:30 - Descanso/ Relaxación
De 9:30 a 9:45 - Actividades lúdico-sociais.
Desde as 9:45 en diante- Preparación para incorporarse nas filas e comezar o día de clase.
Esta previsión de actividades sempre estará en función da hora de chegada ao centro de cada neno ou nena.
categories